





|
| Atope a información que precise utilizando o buscador avanzado da EGU.ES, escriba a palabra que desexe e prema o botón ''Buscar'', a páxina encontrará toda a información contida nas máis de 200.000 entradas da EGU. Tamén poderá buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés ou alemán picando debaixo do buscador no idioma correspondente. Graciñas.
. Facendo dobre click sobre calquera palabra da enciclopedia verá a súa definición mediante o digalego.com. | |
|
|
1 PATACA&opcion=entrada#IRINDO';> 1 PATACA&opcion=entrada#IRINDO';> | 1pataca  (<
voz caribe patata) | |
| 1 | s f
| |
1 | PLANTA Planta herbácea, perenne, con tubérculos
comestibles, de follas irregularmente pinnipartidas, de flores brancas ou
moradas, en forma de estrela de cinco puntas, e de froitos en baga arredondada
e verdosa. As raíces están moi ramificadas, e son finas e longas; posúe talos
aéreos, de ata 1 m de lonxitude e de cor verde, e talos subterráneos, curtos e
nos que se forman os tubérculos. No seu interior existe un alcaloide tóxico
chamado solanina, e unhas sustancias de tuberización, que son as que producen a
xerminación, crecemento e formación de tubérculos na planta. Adáptase ás
diferentes situacións climáticas aínda que o seu mellor rendemento aparece en
zonas temperadas ou frías. Require humidade abundante e regular, pero tamén
pode plantarse en zonas de secaño, moitas veces despois de recoller a colleita
de nabos xa que a pataca é un cultivo rotacional básico. Prefírense terras
soltas e fértiles, e crece ben en terras cun pH neutro ou algo ácido. A
plantación faise vexetativamente con anacos xerminados do tubérculo, que se
soterran en sucos. Xeralmente, a sementeira realízase na primavera, e a recolleita
a finais do verán. Esta planta é moi sensible ás pragas e enfermidades, como o
escaravello da pataca, os pulgóns, algún nematodo, a mera da pataca, a sarna ou
virus. Orixinaria dos Andes, xa a cultivaban os incas, e co tempo espallouse
por todo o mundo, agás nas baixas rexións tropicais. Introduciuse en Europa, a
través de España, no s XVI; ao final do s XVII espallouse o seu cultivo a
países como Francia e Holanda, e a finais do s XVIII e comezos do s XIX, chegou
a Reino Unido. En Galicia a chegada da pataca produciuse a comezos do s XVII,
en 1607, pero o seu desenvolvemento acadouse no s XVIII. Os primeiros datos que
indican a importancia e dimensión social deste cultivo son os preitos entre os
labregos e os perceptores dos décimos, que se recollen a partir de 1736. A súa
expansión definitiva produciuse como consecuencia da crise dos cereais no
período 1768-1769, cando se converteu na base da alimentación do campesiñado
galego, en substitución da castaña, e foi o soporte do seu desenvolvemento
demográfico. Desde finais do s XVIII o cultivo da pataca, tanto de secaño como
de regadío, estendeuse pola paisaxe agraria galega, e constituíu a base
alimenticia da poboación e da gandería vacúa e porcina. A xeneralización do seu
cultivo levou a un perfeccionamiento no desenvolvemento do policultivo de
subsistencia, e formou parte das rotacións de cultivo en Galicia. Destacan tres
zonas polo cultivo da pataca: A Terra Chá, Bergantiños e A Limia. |
| |
2 | BOT/ALIM Tubérculo comestible da planta da pataca,
nutritivo e moi feculento, especialmente rico en amidón e vitamina C. Coñécense
máis de mil variedades de patacas, que poden ser clasificadas segundo o tempo
de maduración (moi precoz, precoz, semiserodia e serodia); segundo a súa forma
(redonda, oval e alongada); segundo a cor da pel (amarela, rosa e vermella) ou
da carne (branca e amarela); e segundo o lugar de orixe. En canto á
composición, os tubérculos conteñen glícidos, dun 15 a un 20% (case todo
fécula), un 0,1-0,3% de lípidos, un 1,5-2% de prótidos, un 75-80% de auga e un
1% de sales minerais. Son ricas en potasio e pobres en cloruros, e teñen un
importante contido de vitamina C. Son moi dixeribles e fundamentalmente
enerxéticas, pois 100 g proporcionan entre 70 e 85 calorías. Utilízase na
alimentación e tamén comercialmente como fonte de amidón e como materia prima
para a fabricación de alcohol industrial, como forraxe que permite manter o
gando en condicións máis rendibles e para a elaboración de fécula e glicosa. En
Galicia, a produción da pataca ocupa case o 7% dos cultivos herbáceos e
utilízase tanto para autoconsumo e reemprego como para comercialización.
Cultívanse patacas das variedades Kennebec, Red Pontiac e Baraka. Os distintos
tipos diferéncianse entre si pola cor, textura da pel e da polpa, cantidade de
amidón, etc, que están presentes no tubérculo. OBS: Tamén se denomina
baloca, castaña da horta,
castaña da/de terra, castaña das Indias, castaña mariña
ou mariña. |
|
| 2 | pataca doce PLANTA Planta de orixe americana que produce un
tubérculo duns 10 cm de largo e 5 cm de diámetro, fariñento, da cor da terra
por fóra e branco ou amarelo por dentro, e de sabor lixeiramente doce. O seu
tubérculo é comestible. VAR:
batata, boniato. |
|
|


© 2008 Ir Indo Edicións. Todos os dereitos reservados.
|
| | |
|